headerheader-400header-800
Volver
Tramitar en liña

30003 CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS AO FOMENTO DO DEPORTE FEDERADO

Axudas destinadas a Clubes/Entidades Deportivas sen ánimo de lucro de Vilagarcía de Arousa, para financiar, en parte, os gastos estricta e directamente derivados da realzación das actividades deportivas federadas a efectos de que estes poidan alcanzar os seus obxectivos, dentro das competicións deportivas federadas nas que estean inscritos.

A traves deste procedemento concederanse subvencións destinadas ao fomento do deportes federado, correspondente á tempada 2017/18 ou ano 2018.

Cada Club/Entidade Deportiva poderá realizar unha única solicitude.

Prazo de presentación: 20 días naturais despoís do día seguinte á publicación da convocatoria no BOP.

Data de inicio: 1 de marzo do 2019

Data fin: 20 de marzo do 2019

Clubes/Entidades Deportivas Federadas con sede social no Municipio de Vilagarcía de Arousa e que figuren inscritos no Rexstro de Clubes/Entidades Deportivas da Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais do Concello de Vilagarcía de Arousa que cumpran os seguintes requisitos:
- Clubes/Entidades Deportivas sen animo de lucro e con personalidade xurídica propia.
- Estar Federadas nunha ou varias Modalidades Deportivas
- Desenvolver a súa actividade no Concello de Vilgarcía de Arousa
- Estar ao corrente coas obrigas tributarias de Axencia Estatal Tributaria, Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, Seguridade Social e Recadación Municipal.
- Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatiblidade para a perceprción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei.

ELECTRONICAMENTE

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede Electrónica, no enderezo https://sede. vilagarcia.gal, sección da Fundación de Deportes.

Para presentar a solicitude de xeito telemático srá imprescindible, cando menos, que o presidente, persoa que deba asinar documentos, ademais da persoa designada como representante para o envío da solicitude ao rexistro telemático, dispoñan de sinatura electrónica, así como deberá/n acreditar a súa representación por calquera medio admisible en dereitor.

OS CLUBES/ENTIDADES DEPORTIVAS QUE SE LLES CONCEDEU SUBVENCION DEBERAN PRESENTAR A CONTA XUSTIFICATIVA COA SIGUINTE DOCUMENTACION:
a) Formulario Conta Xustificativa
b) Documentación necesaria para xustificar a subvención, conforme ao apartado 10.3 das devanditas bases.
c) Anvexo IV (relación de facturas presentadas como xustificantes de gastos a outras adminsitracións públicas).
d) Anexos V e VI

Normativa:

BASES

Outra normativa de referencia:

. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.

. Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.


Volver
Tramitar en liña