headerheader-400header-800
Volver
Tramitar en liña

30004 PREMIOS ANUAIS Á/AO MELLOR DEPORTISTA LOCAL TEMPADA 2017/18 OU ANO 2018

A Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais do Excmo. Concello de Vilagarcía de Arousa, coa finalidade de honrar e distinguir aos deportistas do municipio que, nas distintas modalidades deportivas, máis se destacaron ao longo do ano, creou os “PREMIOS ANUAIS Á/AO MELLOR DEPORTISTA LOCAL”. Correspondendo esta Edción premiar a/o deportistas destacados na tempada 2017/18 ou ano 2018.

Polo Consello Reitor en sesión con data 5 de novembro do presente ano acordou aprobar:
           1.- As Normas e Modelo de Proposición para PREMIAR Á/AO MELLOR DEPORTISTA LOCAL TEMPADA 2017/18 OU ANO 2018

            2.- Nomear como Xurado para a Elección da/o Mellor Deportista Local, tempada 2017/18 o ano 2018 a:

                  Presidente: D. Argimiro Serén Mera (presidente da Fundación de Deportes)

                  Vogais:D. Juan Miguel Doval Blanco (director Deportivo)

                  Dna. Mª De la O Fernández González (membro do Consello Reitor)

                  D. Ángel Francisco Vilas Fernández (presidente do Consello Consultivo)

                  D. Pablo Penedo Vázquez (periodista dos Medios de Comunicación do ámbito deportivo)

                  Dna. Mª del Mar Lemiña Lemos (adestrador, árbitro ou deportista en activo Local)

                  D. Antón Paz Blanco (deportista Vilagarcián de Honra)

                  Secretaria/delegada: Dna. Adela Miguéns Muñiz (secretaria da Fundación de Deportes)

            E nomease a dous suplentes dos vogais do devandito Xurado (entre persoas coñecedoras do mundo do deporte), 1ª suplente: Dna. Isabel Fernández Moreiras (presidenta de Os Ingleses Rugby Club) e 2ª suplente: Dna. Laura Navia Garcia (presidenta do Club San Martín)

Os Premios se entregarán na Gala do Deporte da XXIX Edición da Festa Local do deporte, que terá lugar no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, o vindeiro día 13 de decembro do presente ano.

As Entidades, Asociacións Deportivas, etc... ou persoas individuais, que poderan propoñer os candidatos que, ao seu criterio, sexan acredores á distinción a nivel local. Coa proposta acompañarán unha memoria explicativa dos méritos deportivos que concorran en cada un dos candidatos, e todas aquelas circunstancias que, a nivel deportivo e persoal, aconsellen efectua-la mesma.

As propostas deberán sinalar os datos acreditativos que correspondan á Entidade, Asociación ou, no seu caso, persoa individual que propón, así coma os que correspondan ó candidato proposto

A/S proposta/s de candidatas/os, acompañada do currículum de méritos de cada un deles e a memoria explicativa na que se basea a proposta, formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán na Páxina Web http://www.vilagarcia.es (Taboleiro) ou Sede Electrónica, no enderezo https://sede.vilagarcia.gal, sección da Fundación de Deportes (Modelos ou catálogo de procedementos da Fundación de Deportes)e presentaranse no Rexistro da Fundación de Deportes segundo sexa:

            Persoas Xurídicas (As distintas Entidades, Asociacións Deportivas, etc…): A través da Sede Electrónica, no enderezo https://sede.vilagarcia.gal, sección da Fundación de Deportes, catálago de Procedementos, “PREMIOS ANUAIS Á/AO MELLOR DEPORTISTA LOCAL, TEMPADA 2017/18 OU ANO 2018”, no REXISTRO ELECTRÓNICO. A presentación telemática producirá plenos efectos xurídicos sempre que a solicitude sexa enviada dentro do prazo establecido.

            Persoas Físicas: Poderán realizarse a traves da Sede Electrónica conforme o apartado anterior ou no Rexistro da Fundación de Deportes do Excmo. Concello de Vilagarcía de Arousa (Recinto Fexdega).

            O prazo de presentación será do 11 ao 24 de novembro de 2019, ambos inclusive.

Modelo de proposición acompañada dunha Memoria explicativa dos méritos deportivos que concorran en cada un dos candidatos e, toda aquelas circunstancias que a nivel deporitvo e/ou persoal aconsellen efectuar á mesma.

Volver
Tramitar en liña