30011 SOLICITUDE DE ADESTRAMENTOS-COMPETICIONS 2019/2020
Descrición
Dirixido a
Clubes/Entidades Deportivas Federadas con sede social no Municipio de Vilagarcía de Arousa e que figuren inscritos no Rexstro de Clubes/Entidades Deportivas da Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais do Concello de Vilagarcía de Arousa que cumpran os seguintes requisitos:
- Clubes/Entidades Deportivas sen animo de lucro e con personalidade xurídica propia.
- Estar Federados nunha ou varias Modalidades Deportivas
- Desenvolver a súa actividade no Concello de Vilgarcía de Arousa
-
Os clubes/entidades deportivas que teñan concedido o uso de IDM da Fundación de Deportes, non poderán facer uso das mesmas se non están ao corrente dos pagos fixados. Así como estar en posesión dos preceptivos Seguros de Accidentes/licenzas federativas e de Responsabilidade civil, para ditas actividades.
Como facelo
ELECTRONICAMENTE
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede Electrónica, no enderezo https://sede. vilagarcia.gal, sección da Fundación de Deportes.
Para presentar a solicitude de xeito telemático será imprescindible, ter certificado dixital de representación do seu Club/Entidade Deportiva, debendo descargar e asinar o/s formularios correspondentes para a súa presentación no rexistro telemático, con sinatura dixital.
Documentación requirida
Os Clubes/Entidades Deportivas interesados achegarrán coa solicitude a seguinte documentación:
a) Formulario Adestramentos-Competicóns para a tempada 2019/20.
b) Seguros de Responsabilidade civil, para a tempada 2019/20.
Observacións
Normativa:
REGULAMENTO DE REXIME INTERNO DA FUNDACIÓN PÚBLICA DE SERVIZOS DEPORTIVOS MUNICIPAIS DO EXCMO. CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA, aprobado polo Consello Reitor en sesión con data 14 de setembro de 2017 e publicado no BOP con data 22/11/2017.
Outra normativa de referencia:
. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.